• O fin deste blog

HistoriaDeVilalonga

Monthly Archives: Abril 2012

Comeza o estudo da historia de Vilalonga

26 Xoves Abr 2012

Posted by Descoñecido in Historia de Vilalonga

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

época, Igrexa, tumbas medievais

Vilalonga tamén conta con algo de historia. Ata agora pensaba, polo menos eu, que esta pequena poboación, de arredor duns 3.000 habitantes nos últimos anos (creo recordar), era unha vila “creada” hai relativamente pouco tempo, quizais do XVII ou XVIII. Pero polos últimos indicios atopados parece que non. Parece que posúe unha existencia algo máis longa.

Esta poboación atópase a carón do mar, de aí que gran parte da súa poboación se dedique (ou máis ben se dedicase) a negocios relacionados con este medio. A maior densidade de poboación atópase no centro da vila, pero hai outros núcleos arredor deste centro, con algo máis de dispersión habitacional.

Para comezar polo recorrido histórico partiremso da igrexa parroquial, a de San Pedro, que data do século XV. Probablemente sexa de finais deste ou de inicios do XVI, segundo me ten indicado algunha fonte vencellada a este edificio.

Esta igrexa presenta unha planta basilical, tradicional no cristianismo, dunha soa nave. É unha pequena construción propia dunha vila con pouca poboación. Nada que comparar con outras construcións propias de cidades, que adoitan ser de maiores proporcións, con intención de acoller a unha maior cantidade de persoas.

Segundo as miñas fontes, dende a época da súa construción o edifico non foi modificado, aínda que seguramente foi feito algún traballo co fin de mantelo edificio en bo estado, pois non creo que aguantase tantos anos sen mantemento. O que si foi modificado un pouco foi a área exterior da igrexa, quedando algo mellorada coa pavimentación que se fixo sobre o chan de terra anterior.

A colocación deste pavimento fixo que se tivesen que sacar os restos das tumbas que se atopaban no chan, xa que ese era antes o lugar de enterramento. Estes restos foron trasladados ó cemiterio que está pegado ó edificio.

Tamén da mesma época que a igrexa é un panteón, que se atopa á dereita da entrada da igrexa, e que pertence á familia dos Velón, unha das grandes familias desta zona, segundo me dixeron, e que posuían bastante cantidade de terras ao redor da zona. Á parte desta familia tamén me falaron doutra moi poderosa por esta mesma zona, pero non recordo o seu nome.

Por outro lado, outra construción feita á par que a igrexa é a “casa do cura”, que se atopa próxima á igrexa. Está en bastante mal estado, pero creo que hai plans para reconstruíla.

Ademais de todo isto, na parte traseira da igrexa, por fóra do muro que pecha o recinto, feito hai poucos anos, atópanse uns elementos moi curiosos. Algunhas fontes da zona falan duns nichos onde eran enterrados os mouros, eses grandes clásicos do imaxinario galego, coa imaxe do corpo gravado na pedra. Son uns nichos que probablemente albergaron os restos de persoas en época medieval (séculos V – XIV). O malo é que se atopan nun estado pésimo de conservación (o normal estando en Galicia). Ademais, foron destruídos parcialmente coa construción do muro de peche do recinto da igrexa e seguramente que tamén fosen danados outros nichos coa construción dun camiño asfaltado que leva ó novo cemiterio, situado un pouco máis arriba. Pese a isto, se un se fixa aínda se poden observar nas pedras as figuras ladrabadas que suxiren a forma do corpo.

Sería estupendo poder recuperar estes restos (se realmente son o que parece que son) e poñelos en valor.

Advertisement

Introdución

22 Domingo Abr 2012

Posted by Descoñecido in Historia de Vilalonga

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

historia, inicio, Vilalonga

Aquí dá comezo un novo blog. Este espazo pretende ter un carácter centrado na Historia, con maiúsculas, dunha zona en concreto. É dicir, teño a intención de facelo xirar arredor da historia da vila na que me criei, id est, Vilalonga. Aínda que non descarto ir metendo algún que outro texto sobre outras áreas próximas a ela. Pero, pese a todo, seguirán sendo textos relativos á historia e á arte, que sempre van relacionadas, desas áreas.

A intención é ir investigando a vila a fondo para poder descubrir todo sobre a súa historia. Dende o seu comezo ata a época actual, fixándome en distintos aspectos que poidan aportar datos, como poden ser os edificios, os espazos e os documentos, en caso de que os haxa (e os atope), ademais das fontes orais, por suposto.

Non vai ser, con toda seguridade, un traballo fácil. Mais penso que pode ser entretido. E se ademais consigo que a alguén lle interese, pois aínda mellor. Sobre todo se é alguén da zona en cuestión.

Nos próximos días irei comezando a escribir. Vai ser algo lento, xa que debo compatibilizalo con outras tarefas e non teño moito tempo libre, pero pouco a pouco espero que saia adiante.

Nada máis. Só dicir que se alguén quere facer un comentario, de calquera tipo, que o faga. Todos serán tidos en conta.

Alea iacta est, que diría Cayo Julio César.

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • Sobre paneis informativos e o uso da linguaxe
  • Insecto voador azul
  • Intermedio
  • Detalles, a grandes rasgos (II)
  • Detalles, a grandes rasgos (I)

Arquivo

  • Agosto 2013
  • Maio 2013
  • Setembro 2012
  • Xuño 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012

Categorías

  • Historia de Vilalonga
  • Outros temas

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Páxinas

  • O fin deste blog

Estatísticas

  • 235 visitas

Blog en WordPress.com.

Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
  • Seguir Seguindo
    • HistoriaDeVilalonga
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • HistoriaDeVilalonga
    • Personalizar
    • Seguir Seguindo
    • Rexistro
    • Iniciar sesión
    • Report this content
    • View site in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
 

Cargando comentarios...