• O fin deste blog

HistoriaDeVilalonga

Monthly Archives: Maio 2012

As normas da Igrexa

23 Mércores Mai 2012

Posted by Descoñecido in Outros temas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

herexías, Igrexa, Prisciliano, Vaticano

Onte mesmo lin unha noticia nun xornal dixital (Informador.com) sobre un tema que sempre chama moito a atención, a relixión. En xeral, o artigo era sobre o Vaticano, que é o que manda nos temas da relixión católica.

Nel dicíase que o Vaticano ía publicar unhas normas sobre como poder xulgar a veraciade das aparicións da Virxe, as revelacións místicas e outras manifestacións divinas.

Isto xa en si é bastante chamativo, por non dicir estúpido. Xa me gustaría ver a min esas regras para declarar a veracidade ou falsidade dunha aparición mariana. Que métodos científicos se han de seguir para o seu estudo?

Unha das preocupacións que alega a Igrexa para levar adiante isto é o medo a que se produzan novas herexías. En palabras do actual Papa, Benedicto XVI, o que queren é “axudar aos fieis a distinguir ben a palabra de Deus da das revelacións privadas”.

É dicir, temen que algún loco que teña un trastorno psíquico, xa sexa pasaxeiro ou temporal, e crea ver unha aparición mariana ou crea ter unha revelación do máis alá e se desvíe do camiño marcado pola igrexa de Roma, como xa ocorreu tantas veces ao longo da historia.

Por exemplo, unha destas desviacións da doctrina papal foi o Arrianismo, que consideraba a figura do fillo, Xesús, menos importante que a figura do pai, Deus. É dicir, Xesús estaría por enriba dos homes, pero por debaixo de Deus. Outra herexía, según a Igrexa católica, por suposto, era o Adopcionismo, unha corrente que enunciaba que Xesús era adoptado por Deus. É dicir, quítaballe bastante importancia á figura do mesías católico.

Algo máis cerca de nós, xeograficamente, estaría o Priscilianismo, unha herexía que xira en torno a un personaxe principal, Prisciliano, ao que algunhas fontes sitúan na zona da Gallaecia romana, aínda que non é totalmente fiable. Outros, incluso, sitúan a Prisciliano no nicho do apóstolo Santiago. Este Prisciliano seguía unha corrente bastante ascética, é dicir, defendía unha vida retirada, coa prohibición de catar muller (e home, sobreenténdese), etc. Algunhas das súas prácticas chocaban coas doutras figuras relixiosas da península Ibérica, polo que foi denunciado e castigado coa pena de morte.

Ben, aínda que todo isto sexa bastante literario e atractivo, non ten que ver para que sexa verídico. Calquera pode dicir que tivo unha revelación sen ter que demostralo cientificamente, coa posibilidade de que unha multitude te siga (así ocorre en practicamente tódalas relixións) e creza a súa “popularidade”.

Algo parecido ocorreu no islam. Mahoma, un mercader da Meca, dixo ter unha revelación de Deus, arredor do 624, polo que se puxo a propagala mensaxe. Isto que quere dicir, que Deus xoga a dúas bandas e divírtese véndoo? Ou pola contra significa que os humanos somos bastante estúpidos e temos a necesidade de crer nalgunha forza sobrenatural? Eu decántome máis pola segunda.

En definitiva, parece que o Vaticano non quere perder clientes con algunha posible disidencia nas súas filas. Xa bastante foi o cisma de Oriente, que separou a Roma de Bizancio, creando o cristianismo ortodoxo, ou a separación dos protestantes, ou outras moitas separacións máis.

Advertisement

Na procura de fontes (fiables)

19 Sábado Mai 2012

Posted by Descoñecido in Historia de Vilalonga

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

duque de Patiño, Fontes, metodoloxía, transformacións sociais

Para levar a cabo este blog, unha das primeiras cousas que me propuxen foi que me guiaría polas fontes máis fiables, é dicir, as fontes escritas. Está claro que, hoxe en día, un traballo, por moi básico que sexa, non pode ser feito de calqueira maneira. O que non quita que se poidan utilizar as fontes orais, sobre todo como unha especie de “guía” a través da cal ir descubrindo detalles.

A través das fontes escritas pódese facer unha investigación sólida, deixando de lado as teorías especulativas. Isto aporta seriedade ao traballo, que é o que se busca cando se realiza unha empresa de certa importancia. As demais fontes (talvez menos fiables) só farán que o traballo poida conter falsidades e contradicións.

Tódalas fontes, pola súa parte, necesitan unha contrastación, a ser posible. Se obtemos datos a través do relato oral e temos a sorte de poder contrastalas con datos aportados polas fontes escritas, xa sería perfecto.

Para realizar a investigación sobre a historia dunha poboación hai que mirar, en primeira instancia, nos arquivos de igrexas da zona, nos do concello no que está inscrita esa poboación e nos da provincia na que se atopa o dito concello. Irmos máis aló podería facer que a procura primaria sexa bastante dificultosa. Todo isto podería ir paralelo á consulta doutro tipo de información que poidan aportar os habitantes da zona e que axude a orientar un pouco a busca, xa sexa información oral ou escrita, tanto en papel como electrónica.

É por iso que, ultimamente, ando na procura dalgunha fonte fiable, algún tipo de publicación científica universitaria. De momento a procura non deu moitos froitos.

De momento só atopei unha publicación que fala sobre Sanxenxo¹, aínda que só é de xeito efémero. A información que aporta é un breve resumo da historia do concello de Sanxenxo.

A publicación en cuestión di que Vilalonga é unha das nove parroquias que conforman actualmente o concello de Sanxenxo, sendo as outras Adina, Arra, Bordóns, Dorrón, Gondar, Nantes (de Reis), Noalla e Padriñán. Ademais, conta que Sanxenxo formaba parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a posterior reforma, dependendo tódalas parroquias da xurisdición da Lanzada, con señorío do arcebispo de Santiago, excepto pola parte de Vilalonga, que compartía o señorío co duque de Patiño, e Dorrón, que compartía o señorío con Juan Méndez.

Logo, Sanxenxo foi integrado no partido xudicial de Cambados, ata que, en 1836, créase Sanxenxo como entidade local independente, coa configuración que mantén actualmente, salvo pola presenza da illa de Ons, que se unirá ó concello de Bueu en 1844 a petición do marqués de Valladares, que daquela tiña o seu señorío na illa.

Isto todo foi o único que de momento puiden atopar. Non é pouca cousa en realidade, pois o texto xa nos fala das diferentes transformacións que se produciron dende que existían os señoríos e os sete reinos de Galicia, é dicir, dende o Antigo Réxime (antes do século XIX), ata a transformación en catro provincias (as actuais), a apirición das deputacións, etc., aspectos que aparecen xa ben entrado o XIX, trala morte de Fernando VII (1833). Ademais, tamén nos aporta certa información sobre personaxes destacados da zona, como poden ser o duque de Patiño, Juan Méndez ou o marqués de Valladares.

De momento nada máis. Continuarei procurando información para ir detallando pouco a pouco a transformación histórica que se sucedeu ó longo dos séculos en Vilalonga.

Notas.

¹Pereira Figueroa, M. A. (Dir)Inventario Arquivo do concello de Sanxenxo.

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • Sobre paneis informativos e o uso da linguaxe
  • Insecto voador azul
  • Intermedio
  • Detalles, a grandes rasgos (II)
  • Detalles, a grandes rasgos (I)

Arquivo

  • Agosto 2013
  • Maio 2013
  • Setembro 2012
  • Xuño 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012

Categorías

  • Historia de Vilalonga
  • Outros temas

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Páxinas

  • O fin deste blog

Estatísticas

  • 235 visitas

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
  • Seguir Seguindo
    • HistoriaDeVilalonga
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • HistoriaDeVilalonga
    • Personalizar
    • Seguir Seguindo
    • Rexistro
    • Iniciar sesión
    • Report this content
    • View site in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
 

Cargando comentarios...