• O fin deste blog

HistoriaDeVilalonga

Category Archives: Outros temas

Sobre paneis informativos e o uso da linguaxe

29 Xoves Ago 2013

Posted by Descoñecido in Outros temas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Castrelo, cultura, ortografía, paneis informativos

Non é a primeira vez que o vexo, aínda que si é a primeira vez que o comento. Por toda esta zona do Salnés que comprende Cambados, Ribadumia, Sanxenxo, Meaño, etc., é frecuente atopármonos cuns curiosos elementos cadrados ou rectangulares, a miúdo erguidos sobre dúas patas dun ser vexetal xa morto e que ofrecen ó vidente que se aproxima a eles unha serie de letras e/ou imaxes.

Ata aquí todo ben, atopámonos ante o típico panel informativo que algún tipo de autoridade (local, municipal, comunal, etc.) coloca para facer visible algo digno de ser ollado, xa sexan uns restos arqueolóxicos, unhas aves migratorias ou unha simple paisaxe.

Pero o malo destes elementos é que na maioría dos casos presentan grandes erros lingüísticos. Non digo que as persoas que redacten este tipo de textos sexan grandes escritores. Non pido que ningún Shakespeare, ningún Borges, ningún Cunqueiro se dediquen a redactar paneis informativos. Pero o que si se espera é que non conteñan erros tan graves como os visibles nalgúns destes paneis, nos cales á parte de pisoteala ortografía, se mestura o galego co castelán ou se escriben mal elementos coma os topónimos.

Un exemplo disto é este panel de Castrelo (premer na foto para ampliar). A foto é deste mes de agosto de 2013. Nela pódese ver escrito o topónimo “Seiñas”, cando o correcto é Saíñas; o castelán “playa”, cando o resto está escrito en galego, polo que debería ser praia; ou o topónimo mal escrito “Insuiña”, debendo escribirse Insuíña.

Panel informativo. Castrelo

 

42.478848 -8.811069
Advertisement

As normas da Igrexa

23 Mércores Mai 2012

Posted by Descoñecido in Outros temas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

herexías, Igrexa, Prisciliano, Vaticano

Onte mesmo lin unha noticia nun xornal dixital (Informador.com) sobre un tema que sempre chama moito a atención, a relixión. En xeral, o artigo era sobre o Vaticano, que é o que manda nos temas da relixión católica.

Nel dicíase que o Vaticano ía publicar unhas normas sobre como poder xulgar a veraciade das aparicións da Virxe, as revelacións místicas e outras manifestacións divinas.

Isto xa en si é bastante chamativo, por non dicir estúpido. Xa me gustaría ver a min esas regras para declarar a veracidade ou falsidade dunha aparición mariana. Que métodos científicos se han de seguir para o seu estudo?

Unha das preocupacións que alega a Igrexa para levar adiante isto é o medo a que se produzan novas herexías. En palabras do actual Papa, Benedicto XVI, o que queren é “axudar aos fieis a distinguir ben a palabra de Deus da das revelacións privadas”.

É dicir, temen que algún loco que teña un trastorno psíquico, xa sexa pasaxeiro ou temporal, e crea ver unha aparición mariana ou crea ter unha revelación do máis alá e se desvíe do camiño marcado pola igrexa de Roma, como xa ocorreu tantas veces ao longo da historia.

Por exemplo, unha destas desviacións da doctrina papal foi o Arrianismo, que consideraba a figura do fillo, Xesús, menos importante que a figura do pai, Deus. É dicir, Xesús estaría por enriba dos homes, pero por debaixo de Deus. Outra herexía, según a Igrexa católica, por suposto, era o Adopcionismo, unha corrente que enunciaba que Xesús era adoptado por Deus. É dicir, quítaballe bastante importancia á figura do mesías católico.

Algo máis cerca de nós, xeograficamente, estaría o Priscilianismo, unha herexía que xira en torno a un personaxe principal, Prisciliano, ao que algunhas fontes sitúan na zona da Gallaecia romana, aínda que non é totalmente fiable. Outros, incluso, sitúan a Prisciliano no nicho do apóstolo Santiago. Este Prisciliano seguía unha corrente bastante ascética, é dicir, defendía unha vida retirada, coa prohibición de catar muller (e home, sobreenténdese), etc. Algunhas das súas prácticas chocaban coas doutras figuras relixiosas da península Ibérica, polo que foi denunciado e castigado coa pena de morte.

Ben, aínda que todo isto sexa bastante literario e atractivo, non ten que ver para que sexa verídico. Calquera pode dicir que tivo unha revelación sen ter que demostralo cientificamente, coa posibilidade de que unha multitude te siga (así ocorre en practicamente tódalas relixións) e creza a súa “popularidade”.

Algo parecido ocorreu no islam. Mahoma, un mercader da Meca, dixo ter unha revelación de Deus, arredor do 624, polo que se puxo a propagala mensaxe. Isto que quere dicir, que Deus xoga a dúas bandas e divírtese véndoo? Ou pola contra significa que os humanos somos bastante estúpidos e temos a necesidade de crer nalgunha forza sobrenatural? Eu decántome máis pola segunda.

En definitiva, parece que o Vaticano non quere perder clientes con algunha posible disidencia nas súas filas. Xa bastante foi o cisma de Oriente, que separou a Roma de Bizancio, creando o cristianismo ortodoxo, ou a separación dos protestantes, ou outras moitas separacións máis.

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • Sobre paneis informativos e o uso da linguaxe
  • Insecto voador azul
  • Intermedio
  • Detalles, a grandes rasgos (II)
  • Detalles, a grandes rasgos (I)

Arquivo

  • Agosto 2013
  • Maio 2013
  • Setembro 2012
  • Xuño 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012

Categorías

  • Historia de Vilalonga
  • Outros temas

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.com

Páxinas

  • O fin deste blog

Estatísticas

  • 235 visitas

Blog en WordPress.com.

Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
  • Seguir Seguindo
    • HistoriaDeVilalonga
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • HistoriaDeVilalonga
    • Personalizar
    • Seguir Seguindo
    • Rexistro
    • Iniciar sesión
    • Report this content
    • View site in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
 

Cargando comentarios...